Semana do Goberno Aberto | Para coñecer o funcionamento da Xunta por dentro


A Xunta de Galicia invita a todas as galegas e os galegos a coñecer o funcionamento da Administración Pública galega e a participar dos seus principios e valores a través da semana do Goberno Aberto.

Ata o vindeiro venres, 21 de maio, a Consellería de Facenda e Administración Pública, organiza diferentes xornadas de participación social para divulgar a actividade e os obxectivos da Administración entre distintos colectivos, desde os máis novos ata os máis maiores, sen esquecer ás persoas con discapacidade, ao alumnado universitario ou aos propios empregados públicos.

A Semana do Goberno Aberto promove, entre outros, os principios de transparencia, rendición de contas e participación, en apoio da democracia e do crecemento inclusivo. Constitúe unha oportunidade única para que os cidadáns coñezan mellor o funcionamento das Administracións e os valores que rexen o Goberno Aberto, así como as ferramentas de participación cidadá na elaboración, planificación e execución das políticas públicas.