Seminario: Revitalizar a paisaxe rural. Aldea do Couto

A Fundación Juana de Vega a través da Escola Galega da Paisaxe en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal e o patrocinio do Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda organiza o Seminario: Revitalizar a paisaxe rural. Aldea do Couto no marco das súas actividades co obxectivo de promover o estudo, a investigación, a formación, a difusión e o intercambio de coñecementos, e a sensibilización e concienciación da sociedade en materia de paisaxe.

Ámbito de traballo do seminario

O seminario está dirixido principalmente a arquitectos, paisaxistas, urbanistas, xeógrafos e outros profesionais que traballan ou teñen interese no campo do desenvolvemento e a planificación urbana, en xeral pode interesar a aquelas persoas que teñan inquedanzas pola preservación dos valores da paisaxe no medio rural.

Descarga aquí o programa completo do seminario

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha