«Sempre Rosalía», de Producións Dispersas, este xoves en Vimianzo

Cedida

  • Dirixida ao alumnado do IES Terra de Soneira e CEIP San Vicenzo, será unha homenaxe á escritora galega

Con motivo do 185 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro este 23 de febreiro, o Concello de Vimianzo conmemorará a figura da escritora a través dunha obra de teatro para o alumnado do IES Terra de Soneira e do CEIP San Vicenzo. A peza Sempre Rosalía, de Producións Dispersas, desenvolverase este xoves ás 12:00 horas na Casa da Cultura.

Os actores Diego Freire e Ana Ponte, caracterizada como Rosalía de Castro, iniciarán un diálogo para achegar a figura da poeta ás persoas participantes resaltando o seu papel central na cultura galega como autora pero, sobre todo, como muller.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha