Sen acordo entre a dirección e os traballadores de Alcoa

Tras 28 horas de negociación segue sen haber acordo, Alcoa non muda de postura e insiste no apagado das cubas e os despedimentos para iniciar un proceso de venda. José Antonio Zan, presidente do comite de empresa afirma que “Suavizamos un pouco para ver se somos capaces de abrir ese proceso e intentar que se poda vender a Liberty House, pero nin asi acepta. Calquera cousa ten que pasar por ter por escrito un ERE ou un ERTE, e iso non serve, ter por escrito que se paran as cubas, non serve, e non aseguran os postos de traballo dos contratistas tampouco nos serve”. Os sindicatos poderían optar pola via xudicial porque entenden que a compañía actua de mala fe e se esta a cometer fraude de lei. Piden a intervención urxente do Goberno e da autoridade laboral.