Sen acordo entre Trump e Kim


O segundo cume entre o presidente de Estados Unidos, Donald Trump, e o líder norcoreano, Kim Jong-un, terminou sen ningún acordo.

Washington, con todo, insiste en que o diálogo con Pyongyang continuará e en que o colapso do encontro que tivo lugar en Hanoi, Vietnam, non é unha gran decepción. A BBC recompilou a análise de varios expertos en asuntos de Corea do Norte sobre as implicacións que pode ter a xuntanza e o seu repentino final. O cume entre Trump e Kim Jong-un conclúe abruptamente sen acordo, algo que era previsible.
De feito, unha lectura seria das declaracións públicas de Corea do Norte desde o cume de Singapura do ano pasado habería revelado o problema central detrás deste resultado.

O día seguinte ao cume de Singapur, os medios estatais de Corea do Norte parafrasearon a Kim Jong-un dicindo que Pyongyang tomaría “medidas adicionais de boa vontade” se Estados Unidos tomaba “medidas xenuínas”. Para esa data, Corea do Norte desmantelara o seu sitio de probas nucleares en Punggye- ri e anunciara unha moratoria das probas nucleares e de mísiles balísticos de alcance intercontinental.

De momento nón se chegou a ningún acordo, pero está previsto que nun futuro si ocorra.