Sen acordo no conflito pesqueiro Francia-Reino Unido

  • Londres non recoñece os dereitos de pesca que asinou no acordo de brexit.

Na reunión dos responsables de Asuntos Europeos de Francia, Clément Beaune, e Reino Unido, David Frost, en París. Londres mostrouse inflexible en non dar por bos os acordos do brexit que incluían dereitos de pesca dos europeos en augas baixo xurisdición británica. O responsable de asuntos europeos de Francia recalcou a necesidade de garantir a aplicación dos acordos xa asinados». O portavoz do Goberno francés, Gabriel Attal, advertiu antes da reunión que as represalias previstas por Francia «están encima da mesa». Esas medidas inclúen o endurecemento dos controis ás importacións procedentes do Reino Unido e a prohibición de atracada dos pesqueiros británicos nos portos franceses onde non poderían vender o seu cargamento de pesca no que é ata o de agora o seu principal mercado.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha