Dous mortos, 31 feridos e cinco desaparecidos, con poucas esperanzas de que se atopen con vida. É o balance da explosión nunha planta química en Leverkusen, no oeste de Alemaña, o martes. Preocupa, ademais, a nube tóxica que se instalou na zona. As autoridades de Medio Ambiente de Renania do Norte Westfalia din que na nube hai dioxinas, bifenilo policlorado e furano. Aínda que tratan de determinar os niveis. Por precaución, pídese aos veciños que eviten consumir froitas e verduras dos seus hortos. Tampouco se sabe polo momento a causa da explosión, relacionada con tanques de almacenamento cheos de disolventes. O parque químico afectado é un dos máis grandes de Europa, con fábricas dunhas 70 empresas, entre elas a multinacional Bayer.
36