Sen franxas horarias os núcleos de menos de 5.000 veciños


Así o anunciou o presidente da Xunta a través da súa conta de Twitter, que nos núcleos de poboación separados de menos de 5.000 veciños poderase saír sen limitación horaria. Feijóo comunicou que a noticia chega días despois de que a Xunta de Galicia pedira ao Goberno central que rectificara respecto deste asunto e agradeceu a corrección. Desta maneira, Galicia rexerase polos mesmos criterios que o Principado de Asturias, que desde que se permiten as saídas da poboación xeral estableceu como parámetro os núcleos de poboación e non os concellos. A Delegación do Goberno en Galicia informou á Xunta de que será a encargada de decidir que núcleo de poboación delimitará os movementos no proceso de desescalada na comunidade. Segundo trasladou a Delegación do Goberno nun comunicado, o Executivo permite interpretar o núcleo de poboación como entidade singular e de marcado orixe histórica, como as parroquias e concellos.