23
Os mergulladores da Garda Civil e de Salvamento Marítimo seguen buscando aos mozos desaparecidos. De onde apareceu o kaiak ata a zona de costa onde foi rescatada a moza con vida hai unha distancia dunha milla náutica aproximadamente. É a zona onde se centra a busca. Pero de momento, non hai novidades sobre os dous mozos desaparecidos.
Despois de tres días de busca, os efectivos do operativo diminúen, pero continúa a vixilancia no mar e tamén en terra. E, se non houbese novidades antes do mércores, os profesionais do mar da zona anuncian que sairán de xeito conxunto e coordinado ese día, o noveno despois do accidente.