27
José Manuel Penas, de 49 anos, era un experimentado padexeiro, pero segundo as testemuñas, debeu sufrir algunha indisposición. A súa piragua envorcou e caeu á auga. Intentou nadar e deulle tempo a pedir auxilio, pero foi ao fondo antes de que conseguiran axudalo.
Vicente Ferreira, xefe de servizo dos Bombeiros de Pontevedra, confirma: «mantívose a frote uns minutos. Nós chegamos aquí en dous ou tres minutos pero xa non o vimos»
Ao dispositivo sumáronse posteriormente mergulladores do Grupo Subacuátivo da Garda Civil. As condicións complicaron os traballos de busca, que se centraron no tramo entre as pontes do Burgo e a das Correntes. Os traballos suspendéronse cando caeu a noite e retomáronse este sábado.