Sen vacina para o coronavirus

Coronavirus

  • O microbiólogo Gary Kobinger sinala que «ninguén está a desenvolver eses produtos porque non hai ningún incentivo, economicamente falando»

Os investigadores chineses seguen estudando que levou ao coronavirus a saltar dos animais aos humanos, en concreto desde un morcego. Segundo o portal de noticias Euronews, o elo perdido trataríase do pangolín, unha animal en perigo de extinción e que actualmente é un dos mamíferos cos que máis se trafica na China.

Gary Kobinger, microbiólogo da Universidade de Laval, en Canadá, é pouco optimista respecto á investigación para buscar unha vacina: “Ninguén está a desenvolver eses produtos porque non hai ningún incentivo, economicamente falando», explicou a Euronews.

O coronoavirus matou xa a máis de 700 persoas e infectou a preto de 35.000.