Senda Nova | A Escola Ambiental 21-22 quenta motores


Comezan os preparativos para unha nova edición da Escola Ambiental Senda Nova-Concello de Carballo e ábrese o prazo de pre-inscrición para os nenos e nenas que desexen anotarse a unha nova programación de actividades de potenciación do patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico dentro da bisbarra. Varias familias e integrantes de Senda Nova déronse cita na fin de semana no Espazo da Natureza de Oza co obxectivo de difuncir e animar á participación desta vindeira edición do programa máis longo da entidade e no que colabora de xeito importante o Concello de Carballo.

Para formalizar a pre-inscrición a Escola Ambiental de Senda Nova-Concello de Carballo é necesario entregar o formulario de pre-inscrición cuberto no Espazo da Natureza de Oza (aberto mércores, xoves e venres de 17 a 20h) ou tamén na Libraría Clarión, situada na Rúa Valle Inclán de Carballo (dentro do seu horario de apertura).