A PRIMAVERA EN RUTA cumpre unha década dedicada a sacar a coñecer e descodificar o patrimonio da Costa da Morte. Os dez anos e máis de 70 actividades para o coñecemento estiveron no punto de mira na presentación que se levou a cabo o sábado 23 no Espazo da Natureza de Oza.
A efeméride serviu para reflexionar sobre o xeito de facer camiñadas, no noso caso coa idea clara de que sirva no aprendizaxe e para o coñecemento do rico patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico da Costa da Morte. Sobre esa reflexión se extendeu a presentación por parte de de Evarísto Dominguez Rial, Jose Manuel Menéndez Varela, Adrián Eirís Torres e Eva Cameán Pensado, que vertebraron cada unha das variables que esta efeméride do 10º aniversario, trouxo como novidade.
Asociacións da bisbarra como o Instituto de Estudos Bergantiñáns, sumaranse a outras entidades de máis lonxe e que, de xeitos diferentes, traballan a prol do patrimonio. Ademais de seguir na procura e organización con asociacións de fora das nosas comarcas, tres son as entidades do exterior, que xa confirmaron a presenza nesta X PRIMAVERA EN RUTA: Son Mavea de Asturies, Non máis lumes Cualedro de Ourense e Comunidade de Montes en Man Común de Tameiga, Pontevedra.
Outra das novidades deste décimo aniversario virá dada pola exposición fotográfica dedicada a todos estes anos de roteiros: PRIMAVERA EN RUTA, OS PASOS DA HISTORIA. A mostra terá lugar a comezos do mes de xuño no andar-1 do Pazo da Cultura de Carballo.

A PRIMAVERA EN RUTA vai moito máis alá de Senda Nova, sendo un encaixe de esforzos que non nos cansamos de agradecer: Concellos, Entidades, persoairos, Protección Civil de Carballo e voluntariado de Senda Nova. Nesta edición , especialmente, agradecer ao Concello de Carballo, Concello da Laracha, Concello de Malpica de Bergantiños e Concello de Zas. Tamén a Protección Civil de Carballo, Instituto de Estudos Bergantiñáns, Grupu Ecoloxísta Mavea, Non máis Lumes Cualedro, e Mancomunidade de Montes de Tameiga. Por suposto a tod@s as Voluntari@s.
