Tras a chegada do outono, os meses de outubro, novembro e decembro son meses especiais para desfrutar do sendeirismo polas paisaxes da Costa da Morte, neste caso grazas ao traballo da Asociación Senda Nova e ao seu programa do Outono en Marcha, que se vai facendo maior a través dunha 12 edición que agarda á volta da esquina. As botas están preparadas e listas para voltar á lama das corredoiras.
A presentación será o vindeiro sábado 30 ás 12. A xuntanza terá lugar no Espazo da Natureza de Oza e está aberta a todos/as aqueles/as que desexen compartir unhas verbas con membros da entidade. De xeito especial están convidados/as as persoas colaboradoras e representantes de entidades que aportan a este proxecto conxunto.
Posteriormente, aqueles/aquelas que o desexen poderán participar no xantar conxunto no mesmo espazo. Só será necesario que aportar algo de comida para compartir e poder pasar uns momentos agradables entre todos/as.