Senda Nova camiña entre as capelas da Laracha

Sendas das capelas_Cedida

A asociación medioambiental Senda Nova volveu a reunir a varios asistentes nunha xornada de lecer, entretemento e, sobre todo, coñecemento.

O 9º Outono en marcha arrincou coa Senda das capelas, comezando na de Santa Margarida, en Montemaior para, a través de corredoiras estratéxicas entre paisaxes marabillosas, rematar no igrexario de Santa María Magdalena (A Laracha).

Camiños con historia, coa melodía da época de fondo e con construcións antigas coma muíños ás beiras, que encheron de sabiduría aos participantes, quen acudiron á esta ruta con todas as medidas de seguridade.