Senda Nova celebrou o día da árbore cunha xornada de deseucaliptización e prantación en familia

1 minutes read

O Espazo da Natureza de Oza para celebrou un ano máis, o xa tradicional Día da Árbore. Unha actividade enmarcada dentro das Xornadas de Interpretación dos Bosques 2019 que nos achega as problemáticas presentes nos nosos bosques autóctonos e que pretende poñer en valor a importancia ecolóxica, cultural e histórica destos espazos.

Dende fai uns anos se celebran estas xornadas, e esta actividade, para contribuir sobre todo na educación ambiental dos máis novos a través dunha acción conxunta e familiar que se ven realizando en diferentes espacios públicos como xardíns, beiras dos ríos etc.

Este ano a plantación trasladouse ao perímetro exterior do Espazo da Natureza de Oza, nese lugar hai dende fai anos unha plantación de eucaliptos que recentemente foi talada unha parte dela. No seu lugar plantaron diferentes variedades de árbores autóctonas tales como castiñeiros, carballos, loureiros ou acivros. Pero este ano ademáis, como novidade, realizouse unha importante tarefa de deseucaliptización, que consistiu básicamente en erradicar os novos exemplares de eucaliptos que estaban a brotar, arrincandoos de raíz, e podando as cepas que voltaban retoñar, para posteriormente tapalas con plástico, privandoas de luz e aportándolles unha humidade ideal para a proliferación de fungos e enfermidades,  para desta forma debilitar as cepas e as raices destos exemplares.

Tarefa de deseucaliptización.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?