Senda Nova comeza tempada de actividades en Oza coa chegada do outono

1 minutes read

Un ano máis ponse andar unha nova edición da Escola Ambiental Senda Nova Concello de Carballo, e tamén comeza unha nova xeira de actividades do Inverno Ancestral, que acada xa a VII edición.

O vindeiro sábado 19 de novembro, no Espazo da Natureza de Oza haberá unha xornada de outono para darlle a benvida a estas novas propostas: ás 12:00 horas presentarase a XI Edición da Escola Ambiental Senda Nova, e posteriormente, ás 18:00 horas terá lugar a presentación da VII edición do Inverno Ancestral, un programa xa emblemático na entidade que abrangue as actividades e propostas máis “recollidas” para o tempo de frío e lareira. É dicir, actividades maiormente no interior, e cun forte carácter cultural, vencelladas sobre todo ao noso patrimonio inmaterial e oral.

Rematará a xornada cun magosto popular, onde haberá castañas acompañadas con chocolate quentiño, e doces típicos.

Todas as actividades da xornada son de balde e abertas ao público en xeral. Para asistir ao magosto haberá que apuntarse previamente a través de teléfono ou email, antes do 18 de novembro. (sendanova@hotmail.com , 6110376-17 / 14 )