Senda Nova despide a 13ª Primavera en Ruta con todos os obxectivos cumpridos

1 minutes read
  • Arredor dun cento de participantes descubriron a paisaxe e o patrimonio de lugares de interese dentro das comarcas de Bergantiños, Soneira e Ordes.

A asociación ambiental Senda Nova despediu hai uns días a edición número 13 da Primavera en Ruta, superando todos os obxectivos en canto a participación e á diagnose e coñecemento do territorio. Nesta ocasión arredor dun cento de participantes levaron a cabo percorridos clásicos con paradas estratéxicas nas zonas de interese paisaxístico, cultural e ecolóxico dunha decena de concellos das comarcas de Bergantiños, Soneira e Ordes.

Camiños de Aldemunde, O Son do Anllóns, Coristanco Histórico, Terras altas de Soneira, Ruta das Mámoas, Camiños de Caión, Forza do Río Chonia ou Costa agreste de Cerqueda e Cambre foron os nomes dos itinerarios que estiveron marcados pola diversión, a aventura, a historia, a cultura e a aprendizaxe grazas aos guías.

Desde Senda Nova agradecen a implicación e o esforzo tanto dos participantes como dos concellos colaboradores e membros de Protección Civil de Carballo.