- É unha actividade dirixida principalmente a nenos de entre 8 e 12 anos para que coñezan a fauna do rural galego
A asociación ambiental Senda Nova desenvolverá un ano máis o seu programa Espías no Bosque, financiado pola Deputación da Coruña, cuxo obxectivo é dar a coñecer os mamíferos máis representativos do rural galego. Desde a entidade din que é «palpable» o descoñecemento da fauna autóctona na poboación, particularmente entre os máis novos.
Esta iniciativa vai destinada principalmente a nenos de entre 8 e 12 anos das comarcas de Bergantiños e Soneira. Recibirán leccións nos propios centros de ensino colaboradores e tamén realizarán actividades no medio natural a través de diferentes obradoiros como moldes con pegadas de animais.
Máis información enviando un correo electrónico a sendanova@hotmail.com.