27
O número 3 de Abrindo Camiño xa está na rúa. Trátase da cuarta edición (0,1,2,3) da revista editada pola Asociación Ambiental Senda Nova. No acto de presentación estiveron colaboradores/as da publicación, persoas que tiveron redactado artigos neste último volume, representantes de establecementos colaboradores e tamén familiares de rapaces e rapazas da Escola Ambiental. E é que a rapazada da Escola foi protagonista no acto de presentación da revista visibilizando con intervencións individuais de cada participante, a labor que se está a levar dentro do proxecto.