Carballo | Volve o ‘Outono en Marcha’, da man de Senda Nova

1 minutes read

Senda Nova inicia un novo programa, e xa va 11, do seu ‘Outono en Marcha,’ con vellos obxectivos: coñecemento do entorno a través de percorridos deseñados para unir lugares de interese ambiental, cultural e paisaxístico.

Todo isto co condimento especial da estación de outono, onde as paisaxes bergantiñáns que vai recorrer este programa de andainas, se mostra máis espectacular.

Senda Nova agradece a todo o seu voluntariado o apoio continuado ás actividades da asociación. Neste programa de xeito especial aos concellos de Carballo, A Laracha e Coristanco pola colaboración desde o principio do proxecto e tamén por ser partícipe deste programa. Agradecen tamén á Plataforma en defensa de Monte Neme, que un ano tras outro participa na programación, unha colaboración á que se suma o Instituto de Estudos Bergantiñáns, participando na andaina As Pegadas do Wolframio, que percorre o Monte Neme.