Senda Nova ofrece a oportunidade de escoitar unha banda sonora única | Época de Berrea


A Berrea, un autentico espectáculo en auxe co paso dos anos, chegará coa chegada do frío e o outono ás comarcas das Montañas de Asturias. Miles de persoas gozan cada ano dunha das marabillas que nos regala a nai natureza e a nosa fauna de maneira gratuíta ou se se prefire baixo actividades guiadas por monitores especializados. Un deleite para os sentidos en forma de son e contacto co medio ambiente. Un achegamento á paisaxe e a forma de vida do corazón asturiano. A viaxe a estas veciñas terras, de man de Senda Nova, será o 23, 24 e 25 de setembro, con saída de Bergantiños. Terá un custo de 160 euros, 120 para menores de idade e 150 – 100 para socios da entidade. As inscricións pódense realizar antes do 19 de setembro no correo sendanova@hotmail.com, ou no teléfono 611037617.