Senda Nova pecha a VII Edición da Escola Ambiental e recibe o verán

1 minutes read

Este sábado foron preto de 80 persoas as que se achegaron ao Espazo da Natureza de Oza para festexar a chegada do verán e despedir un curso cargado de actividades por parte da Asociación Ambiental Senda Nova.

Ás 11:00h os voluntarios e voluntarias da entidade comezaron as labores de preparación da festa campestre que estaba a piques de comezar, e a deixar todo preparado para a festa de fin de curso da VII Edición da Escola Ambiental Senda Nova que se celebraría este mesmo día.

Pouco a pouco foise sumando xente, e logo se formou un equipo de traballo inmellorable que colaboraron e participaron en todo o preciso para pasar unha xornada de confraternidade e ben divertida.