O día 2 de febreiro celébrase en todo o mundo o Día internacional dos humidais e, como cada ano dende fai dez, poderás celebralo en Senda Nova.
Este ano adiántase unha xornada para coincidir o sábado día 1. A actividade celebrarase en xornada de mañá con saída ás 9:30 dende a rúa Venezuela de Carballo e con chegada prevista en torno ás 13:30.
A actividade desenvolverase no Esteiro do Anllóns e terá como protagonista a Xosé Luís Rabuñal. O veterano ornitólogo leva máis de 4.000 visitas á zona e é un dos naturalistas máis representativos.
Xosé Luís, un dos ornitólogos máis reputados da xeografía peninsular leva unhas catro décadas de estudo ornitolóxico de diversas zonas húmidas de Bergantiños e Galicia.
A actividade será de balde, tendo que apuntarse a través do envío vía mail da ficha de inscrición cuberta.