Senda Nova presenta a cuarta edición da revista ‘Abrindo Camiño’


O sábado 18 de marzo, ás 12:00 horas, o Espazo da Natureza de Oza acolle a benvida á cuarta edición da revista ‘Abrindo Camiño’, editada pola asociación medioambiental Senda Nova .

Como nas edicións 0, 1, 2 e 3, o obxectivo deste número é recoller as informacións sobre a dinamización social nas comarcas da zona, tanto no eido cultural, ambiental ou social. Tamén as reivindicacións ambientais de diferentes movementos, asociacións ou colectivos.

Están convidados/as á presentación tanto os establecementos de pequeno comercio colaboradores coa publicación, como tamén os/as redactores de artigos que completan a revista.

Estarán presentes no acto as nais e pais da rapazada da Escola Ambiental e tamén os/as integrantes da mesma.