Senda Nova presenta este sábado a 13ª edición de ‘Primavera en ruta’

1 minutes read
  • Terá lugar no Espazo de Natureza de Oza a partir das 13:00 horas

A asociación ambiental Senda Nova retoma a iniciativa Primavera en ruta, que este ano celebra a súa edición número 13, onde os asistentes realizarán varias rutas de sendeirismo pola comarca de Bergantiños adquirindo, tamén, coñecementos sobre a historia do lugar e o seu patrimonio cultural, entre outros datos de interese.

Este sábado, ás 13:00 horas, terá lugar a presentación do programa no Espazo de Natureza de Oza. Ademais, a rapazada da Escola Ambiental da propia entidade dirixirá unha visita guiada polas instalacións onde se desenvolve o proxecto, explicando as actividades que se realizan no exterior.