O evento terá lugar o vindeiro sábado 6 no Espazo da Natureza de Oza
A revista «Abrindo camiño» regresou. A asociación ambiental Senda Nova presentará o vindeiro sábado 6 de marzo, ás 17:00 horas, o segundo número da terceira edición dun proxecto que busca impulsar «iniciativas sostibles e denunciar os danos ao noso patrimonio», destacan desde a entidade carballesa.
A publicación crece en volume e calidade e faino «grazas ao apoio do pequeno comercio», polo que desde a asociación móstranse inmensamente agradecidos.
A presentación realizarase nos exteriores do Espazo da Natureza de Oza e contará con todas as medidas de seguridade vixentes.