Senda Nova presentará a nova edición da revista “Abrindo Camiño”


A Asociación Ambiental Senda Nova emitiu un comunicado no que convida a toda persoa interesada á presentación da segunda edición da súa revista “Abrindo Camiño”. Un espazo impreso para a dinamización rural das comarcas de Bergantiños e Soneira, unha interesante publicación que mantén a filosofía e premisas coas que naceu a revista e que ve mellorada e aumentada a súa oferta de contidos. O acto terá lugar o sábado día 19 de setembro ás 19 horas nos exteriores do Espazo da natureza de Oza. Na actividade serán respectadas as medidas sanitarias pertinentes en materia de prevención do COVID-19 polo que, entre outras cousas, será obrigado o uso de máscara así como a limitación do volume de participantes.