Como é tradicional a comezos de outubro e da estación de outono, volven as rutas de Senda Nova.
Volven a pisar lama, a camiñar polas follas secas e a aprender. A cita da presentación da novena edición do «Outono en Marcha» será o vindeiro sábado 10 de outubro ás 11 horas no Espazo da Natureza de Oza.
Coma nos últimos tempos, o aforo será ben limitado, tendo que respectar as medidas sanitarias establecidas.