Senda Nova puxo en marcha a segunda edición da revista «Abrindo Camiño»

1 minutes read

A segunda edición da revista «Abrindo Camiño» xa está camiñando polo rural de Bergantiños. No Espazo da Natureza de Oza, presentouse esta nova edición da publicación da Asociación Senda Nova, que pretende, entre outras cousas, poñer en valor o patrimonio das comarcas. O acto estivo complementado por persoas colaboradoras da publicación, membros de Senda Nova e tamén público en xeral que se achegou ata Oza para dar a benvida a unha edición con máis contidos e a través dunha mellorada estrutura capaz de aumentar de 24 a 40 páxinas.

A filosofía da revista;  realizada a través do traballo intenso, da axuda dos colaboradores e das donacións, suma a un piar básico: o esforzo económico da mesma Asociación Ambiental Senda Nova. Pon tamén o gran de area co pequeno comercio, ofrecendo para este número un espazo de balde onde anunciarse.

A fabricación deste número, en plena corentena, abrangue interesantes visións relacionando esta co mesmo entorno rural que nos rodea e salientando a importancia do mesmo a través dos sectores primarios, as feiras, a escola rural…e tamén no coidado do territorio contra proxectos insostibles, ou mesmo dende o coñecemento do mesmo a través dos vestixios culturais e lugares de interese ambiental.

A publicación poderase adquirir en diferentes espazos colaboradores que se irán ampliando para tecer unha rede máis ampla de difusión. O prezo é de 1€. E xa está presente en:

*Taberna O Logradouro (Carballo)

* Libraría Teldi (Carballo)

*Libraría Punto e Coma (Carballo)

*Cervecería La Bombonera (Carballo)

*Centro social Gomes Gaioso (A Coruña)

*Casa Lino (Rus-Carballo)