- A 11º edición rematou polas Terras Altas de Soneira
A asociación ambiental Senda Nova rematou os meses de verán ao mesmo tempo que puxo fin ao ciclo «Primavera en Ruta», cunha edición atípica debido á situación sanitaria actual, pero coa mesma esencia de sempre: descubrir e poñer en valor a historia da Costa da Morte a través das súas paisaxes e monumentos. A última ruta atravesou as Terras Altas de Soneira, partindo da fervenza do Rabiñoso, pasando polo Pico de Meda ou a igrexa de Gándara.
De novo, todos os asistentes puideron ampliar os seus coñecementos grazas ás explicacións do mestre Evaristo Rial, quen logrou infundir cultura e patrimonio a través das súas verbas.
Senda Nova agarda volver a poñer en marcha a «Primavera en Ruta», que este ano estreou a súa 11ª edición, e agradece a todos os concellos colaboradores e asociacións que fixeron posible o programa.