Senda Nova sae de novo a camiñar co seu X Outono en Marcha

1 minutes read

20 persoas xuntáronse no Espazo da natureza de Oza para recibir 10 anos de paisaxes de outono polas corredoiras de Bergantiños.

10 anos de colaboracións entre Concello de Carballo, Concello de Coristanco, Concello da Laracha, Protección Civil de Carballo e os voluntarios de Senda Nova, para achegar a poboación os vestixios históricos máis importantes de Bergantiños e a paisaxe de outono máis espectacular.

Os obxectivos marcados dende un principio mantéñense nas 10 edicións que levan percorrido case un millar de quilómetros de corredoiras de Bergantiños. Nun deles, a posta en valor dos percorridos previamente deseñados para pasar polo patrimonio ambiental, cultural e paisaxístico de Bergantiños, traballando no coñecemento do entorno.

Outro deles, a recuperación de antigos viais ou corredoiras que unían aldeas. Máis se cabe nun tempo de encrucillada onde se está a arrasar camiños tradicionais derribando muros, cementando, botando zahorra e cortando as especies que enmarcan estas antigas corredoiras.

Senda Nova quere seguir reivindicando estas vías e esixir parar o exterminio destas vías de comunicación, moitas delas enmarcadas en muros de pedra seca, recentemente declarados patrimonio da humanidade.

Seis son as rutas e un cento os quilómetros que percorrerá este X OUTONO EN MARCHA pola comarca de Bergantiños, que engadido ás paradas para a interpretación, tentarán descifrar os segredos mellor gardados do noso rural a través da aportación dos guías titulados da entidade.