Senda Nova volve a descubrir a historia de Bergantiños a través dunha ruta

9 OM Vía Alcaianus_Senda Nova

A asociación ambiental Senda Nova emprendeu unha nova viaxe pola Costa da Morte e arredores enmarcada dentro do seu 9º Outono en marcha que, neste caso, transcorreu por corredoiras ocultas entre as comarcas de Bergantiños e do Xallas.

Case vinte camiñantes, distribuídos en tres grupos (debido ás restricións da Xunta), gozaron dunha auténtica xornada de outono por paisaxes únicas que a día de hoxe tan só se atopan nos mapas, como a gran lagoa de Alcaián.

As corredoiras na aldea de Rodeiro, o castro de Arizón, tramos de vía antigos e mesmo lugares con historia medieval e orixes romanas foron os protagonistas desta nova andaina Vía Alcaianus, de case 20 km.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha