35
- Puxo en marcha o programa «Espías no noso bosque», co que descubrirán aos animais que normalmente se esconden ao ollo humano
A asociación medioambiental Senda Nova presentou «Espías no noso bosque», un novo proxecto subvencionado pola Deputación da Coruña co que pretenden descubrir as características daqueles animais que pasan desapercibidos ao ollo humano.
A iniciativa componse de varias actividades que se realizarán nos centros de ensino, no Espazo de Natureza de Oza e tamén no propio medio natural.
Os espías de Senda Nova descubrirán e estudarán aqueles animais que fan máis vida ao remate do día, ou que normalmente se atopan agochados. Animais cuxos nomes non saen en conversas diarias ou na televisión, pero que teñen un gran valor para a Terra.