Avanzan os traballos nas sendas peonís e ciclistas do Concello de Cerceda


No concello de Cerceda continúan os avances para rematar as novas sedas tanto peonís como para ciclistas. O obxectivo destas obras é invertir nas melloras para a seguridade vial destes colectivos.

A través da convocatoria aprobada polo Real Decreto 616/2017, no marco do Programa Operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, o Concello de Cerceda executou a obra “Senllas peoniles e ciclistas no Concello de Cerceda”. Un proxecto que ten por obxecto mellorar as condicións de de mobilidade a pé e que está baseado na interconexión de núcleos proximos, articulados ao redor das principais vías de comunicación.

Este proxecto contaba cun orzamento inicial de 999.498,00 euros, subvencionando o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía 799.598, euros.