Senior femenino: CB Laracha 38 – 43 Club Baloncesto do LEA


Partido correspondente a xornada 17,da liga regular norte da segunda división femenina.
Comeza o encontro con ambos equipos pouco intensos e pouco acertados en tiro, rematando o primeiro período cun marcador axustado de 8-5. O segundo período daba comezo cun CB Laracha un pouco máis intenso en defensa mais seguía pouco acertado en tiro. Sen embargo, unha presión a toda pista das larachesas ocasionou varios roubos de balóns e canastas fáciles, rematando o segundo período de xeito desfavorable para o equipo local 17-18.
Tras o paso polos vestiarios, o CB Laracha volviu máis intenso en ataque, con boas xogadas en equipo, pero non conseguían anotar as canastas fáciles, rematando o tercer periodo por un axustado 28-27,e decidíndose todo no último cuarto. 
Pese os intentos do Laracha en anotar nun dos partidos mais desacertados das locais, conseguían manterse no marcador durante os últimos 10 minutos. Pese a iso, o Laracha non conseguiu anotar nos últimos ataques do encontro, no que as visitantes sí o lograban en varias de maneira consecutiva, rematando así o partido por 38-43.