Sensacional acollida da ‘Feira das Oportunidades’ do CCA Carballo


Tras a volta á normalidade e ao seu formato habitual logo da pandemia, a Feira de Oportunidades do comercio de Carballo que organiza o Centro Comercial Aberto, espertou moito interese durante toda a fin de semana e vaticínase como unha das máis concorridas dos últimos tempos. Durante o sábado todo o día, pero sobre todo durante a coincidencia co mercado dominical, centenares de persoas acudiron á carpa instalada para a ocasión no aparcamento xunto ao Rego da Balsa. A ocasión non era para menos, case unha vintena de comerciantes ofrecían os seus produtos ou servizos con descontos moi considerables, en ocasións de ata o 80%. A cita comercial complementouse no exterior coa exposición de varios vehículos de ocasión.