«Sentir Vimianzo»: cal é o teu recuncho favorito do municipio?

1 minutes read
  • Para participar nesta actividade é necesario enviar unha foto dalgún lugar do municipio ao correo cultura@vimianzo.gal

A desescalada foi un sopro de aire fresco para todas as persoas que viron mermadas as súas actividades diarias, e pouco a pouco a xente está volvendo á «vella normalidade».

Aínda así, durante o confinamento foron moitos os concellos que decidiron activarse e reactivar á súa cidadanía, sobre todo cultural e artisticamente. Vimianzo foi un deses municipios que, a través do seu programa #ActívateVimianzo, logrou que aflorara a creatividade dos máis novos, que transmitiron continuamente mensaxes de apoio para loitar emocionalmente contra o coronavirus.

Agora, desde o propio concello buscan darlle unha nova vida a todo o que xa estaba entre nós, por iso animan a toda a xente a que envíe ao correo electrónico cultura@vimianzo.gal unha foto do seu recuncho favorito da localidade, para poder #SentirVimianzo dun xeito especial.