Sergio Busquets, positivo por coronavirus


A Federación española fixo público nun comunicado o positivo de Sergio Busquets. O capitán do equipo nacional vese obrigado a deixar a concentración de España a unha semana do inicio da Eurocopa e pon en alerta máxima á delegación do equipo nacional. Tanto os traballadores como os contactos estreitos do xogador permanecerán illados por prevención na concentración da Selección nacional e activaranse rutinas de adestramentos personalizadas, mantendo o illamento, para continuar coa preparación da Eurocopa. O positivo de Busquets obriga a cambiar o plan da semana da selección, incluíndo o amigable que debía disputarse este martes ante Lituania en Leganés. O partido segue adiante, pero xogarao a selección sub-21 baixo a dirección de Luís de la Fuente.