38
O xurista siciliano de 80 anos, Sergio Mattarella, presidente da República de Italia desde 2015, descartara un segundo mandato, mesmo se despediu dos italianos no discurso de Aninovo, pero a política non atopou unha mellor solución. Mattarella convértese no segundo en renovar por outro septenio tras Giorgio Napolitano, algo que o exxuíz e exministro cre que debe ser a excepción e non a norma. Querido polos italianos e convertido nun fenómeno social, fixo da discreción e a calma a súa marca persoal, logrando axuntar o consenso que lle pon de novo á fronte da República.