Sergio Ramos vaise do Real Madrid


O capitán branco despídese do club, segundo anunciou o Real Madrid. O xogador, que acaba contrato o 30 de xuño, chegou ao Real Madrid en 2005, xogou 671 partidos e marcou 101 goles, e tras meses de negociacións, non chegou a un acordo co club para a súa renovación. Aos seus 35 anos, Sergio Ramos, iniciará unha nova etapa noutro equipo que aínda se descoñece. Sergio Ramos xogou 16 tempadas no Real Madrid e vaise cun regueiro de títulos. Só Paco Gento gañou máis títulos que Ramos coa camiseta merengue. Nos seus anos como madridista foi nomeado ao Balón de Ouro en seis ocasiones, foi elixido como un dos dez mellores centrais na historia do fútbol e foi incluído no once ideal da década pasada.