Activada a cita previa para atención tributaria na Deputación


Aínda que seguirá en funcionamento a Oficina Virtual Tributaria (OVT) para facilitar os trámites en liña, a cidadanía da provincia que precise realizar trámites presenciais nas oficinas das distintas áreas tributarias pode tramitar a súa cita telemática cun sinxelo formulario a través da web https://www.dacoruna.gal/cita-previa ou do teléfono 900 132 204, onde poderá solicitar cita para os diferentes trámites de forma presencial (alta de vehículos, cambio de domiciliación, solicitude de exencións e bonificacións, declaración de plusvalía, xestión catastral…) A solicitude de cita previa estenderase nos vindeiros días aos diferentes servizos da Deputación da Coruña reabertos ao público, permitindo á cidadanía realizar calquera tipo de trámite de xeito telemático ou presencial, pero garantindo sempre un aforo controlado e as máximas medidas.