Servizos especiais de autobús durante a celebración do festival Nachiños Fest en Ferrol


A Xunta ofrecerá servizos especiais de autobús os días 19, 20 e 21 de agosto, con motivo da celebración do festival Nachiños Fest en Ferrol.

Os días 19 e 20 habilitaranse dous autobuses desde Praza Galicia ata A Pedreira ás 18:30h e ás 19:30h para facilitar o acceso ao festival. Adicionalmente, o día 20 haberá un servizo ás 13:00h ata A Pedreira.

Para o regreso de madrugada, os días 20 e 21 haberá liñas de volta ás 3:30h e ás 4:30 ata Praza Galicia.

Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova e o resto de usuarios do transporte público da Xunta poden beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.