35
- O aprazamento tamén afecta á presentación prevista para este mércores en Santiago
Este domingo Sés presentaría o seu novo traballo discográfico, Liberar as arterias, na cidade da Coruña, que finalmente tivo que ser aprazado ao dar a artista positivo en Covid-19. A cantante e compositora atópase en bo estado no seu domicilio e intentará atopar outra data. Este aprazamento tamén afecta á presentación prevista para este mércores en Santiago.
A actuación na Coruña tería lugar no Pazo da Ópera, onde Sés presentaría o seu sétimo álbum de estudio no que ademais rende homenaxe á poeta Luz Fandiño.
Todas aquelas persoas con entrada que desexen solicitar a devolución poderán facelo na web Ataquilla.com ata o 25 de outubro.