Sés, Iván Ferreiro ou Baiuca actuarán no Orballo Cultural 2021

Imagen de archivo de un concierto en el Fórum Carballo_Facebook Orballo Cultural

  • Este ano a programación percorrerá as catro provincias galegas durante o verán

Coa chegada da pandemia motivada pola Covi-19 foron moitos os sectores que tiveron que reinventarse, sobre todo, o cultural. Deste xiro de 180 graos xurdiu o ano pasado Orballo Cultural, un festival que naceu na Costa da Morte para poder espallar a música en diferentes lugares da comarca como o Ecomuseo Forno do Forte de Buño, o Semáforo de Fisterra, o recente Parador de Muxía ou o Fórum Carballo.

Agora, a organización acaba de anunciar as primeiras confirmacións musicais: Sés, Iván Ferreiro, Baiuca ou Ortiga formarán parte dunha programación moi especial que este ano percorrerá as catro provincias galegas durante todo o verán.