Sesenta mulleres de Ponteceso visitan o Pazo de Mariñán

1 minutes read

O Pazo de Mariñán recibiu este xoves a visita de sesenta mulleres do concello de Ponteceso que participaron nunha xornada de actividade cultural promovida pola Deputación da Coruña coa colaboración da Fundación Eduardo Pondal e a Casa da Muller. A área de Igualdade e a de Patrimonio da Deputación da Coruña participou nesta iniciativa que tiña como obxectivo achegar ás mulleres a un ben patrimonial histórico.

Despois da visita á Casa de Emilia Pardo Bazán, as mulleres que participaron na actividade visitaron as distintas instalacións do Pazo na compañía da deputada de Igualdade, María Muíño, que as convidou a continuar “con actividades coma esta de socialización, ocio e cultura que son imprescindíbeis a todas as idades e que desde a Deputación da Coruña nos comprace en apoiar”.

Destacou tamén a importancia dun “tecido asociativo forte e do que significa para a dinamización cultural e social nun concello como Ponteceso e, de maneira especial, para as mulleres que participan activamente na programación que se desenvolve ao longo do ano”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?