Sesión formativa na Laracha | Conversa con Familias, do Espazo Educa-Creando Pontes

1 minutes read

O Concello da Laracha colabora co Centro de Formación e Recursos da Coruña da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na organización dunha nova sesión formativa no marco do programa Conversa con Familias enmarcado no Espazo Educa-Creando Pontes.

Nesta ocasión o psicólogo e sexólogo José Luis García ofrecerá un encontro virtual, por videoconferencia, no que abordará a problemática da exposición temperá dos nenos e adolescentes a contidos pornográficos na rede para informar ás familias dos riscos que iso supón e orientalas sobre como deben actuar ante ese tipo de situacións.

Ao tratarse dunha videoconferencia, nesta ocasión non é precisa a inscrición previa. As persoas interesadas soamente terán que conectarse á seguinte ligazón o próximo mércores (10 de maio) entre as 18:00 e as 20:00 horas: https://eduxunta.webex.com/meet/cfrcoruna

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?