- O mundo da arte da Costa da Morte brindará polo novo ano 2020.
Será unha quedada cos seus colaboradores e amigos na xa clásica sesión vermú de fin de ano que xuntará, como en anos anteriores, a mellor da arte, da cultura e do emprendemento da Costa da Morte.
O evento celebrarase o vindeiro domingo 15 de decembro, de 13.00 a 15.00 h., coincidindo coa inauguración da exposición colectiva de nadal #Stoupidos2019, que é unha mostra de obras de sete autores da Costa da Morte que estarán acompañados das creacións doutros colaboradores habituais de Stoupa.
Stoupidos2019 ten como obxectivo convidar a todos os que visiten a tenda-galeria a que este Nadal regalen produtos da #CostaDaMorte, apoiando así aos artistas, artesáns e empresas locais. Son regalos con innovadores produtos autóctonos, pezas de arte e artesanía únicas ou paquetes regalo nos que Stoupa combina as obras dos seus colaboradores entre si.
A exposición poderá visitarse durante todo o Nadal ata Reis, de martes a sábados de 12-14 horas e de 17-20 horas