36
- Organizadas entre o Concello e o Instituto Galego de Consumo e da Competencia, será impartidas por Andrés Breijo
Grazas á colaboración entre o Concello da Laracha e o Instituto Galego de Consumo e da Competencia, durante a próxima semana impartiranse sesións informativas sobre como aforrar na factura da luz.
Andrés Breijo, experto no mercado eléctrico, será o relator en ambas xornadas que terán lugar o luns 28 no centro sociocultural de Paiosaco e o martes 29 na Casa da Cultura da Laracha. En ambos casos a actividade comezará ás 20:30 horas.