Sesións terapéuticas ‘especiais’ no centro de Afaber

1 minutes read
  • A entidade, xunto con Aloumiños, realiza terapias con cans para «promover unha mellora psicolóxica, social, emocional e cognitiva das persoas participantes»

Este pasado xoves, os usuarios da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños-Afaber, en Carballo, recibiu unha visita «moi especial». A través dunha colaboración coa Asociación de Persoas con Necesidades Específicas da Costa da Morte-Aloumiños , puxéronse en marcha sesións terapéuticas con cans.

A terapia con animais en persoas cunha demencia está dirixida a «promover unha mellora psicolóxica, social, emocional e cognitiva das persoas participantes», sinalan desde a entidade Afaber. O propósito destas sesións é aproveitar os beneficios producidos durante e despois da interacción cos cans, «traballando os recordos vinculados a estes animais ao longo das súas vidas».